Sunday 19 de May de 2024

Abriu o prazo para anotarse nos Obradoiros de Cociña de Entroido de Riveira


O luns 29 de xaneiro abrirá ás 09:30 horas o prazo para anotarse no Obradoiro de Cociña de Entroido, ben mediante un formulario on line que se habilitará na páxina web (www.riveira.gal) ou ben no Centro Cultural Lustres Rivas (neste último caso, de 9.30 a 14 horas).

Esta actividade terá lugar os días 8 e 9 de febreiro na aula municipal situada na rúa Cristóbal Colón entre as 18.30 a 21 horas.

As prazas outorgaranse por orde de inscrición, pero terán prioridade os empadroados en Riveira. O prazo para anotarse conclúe o 1 de febreiro.